Máis de 110 postos daranse cita en Cabanas no Mercadillo de Santa Marta

Máis de 110 postos de venda confirmaron a súa asistencia ó Mercadillo de Santa Marta que se celebrará no entorno do paseo da Madalena entre o xoves 27 e o domingo 30 de xullo. A cita, promovida polo Concello de Cabanas, a través da Concellería de Turismo, celebrarase unha edición máis coincidindo coa Romaría, a festa principal do municipio.

Co Mercadillo inaugurarase precisamente o calendario de actos dos festexos de Cabanas e prolongarase durante catro días. Tempo no que os diferentes postos porán os seus produtos á venda. De todo tipo, dende alimentación, xoias ata pezas decorativas, pasando por prendas de roupa ou artigos de papelería e xoguetes. O Concello habilita o seguinte teléfono 630 257 436 para ofrecer máis información ás persoas interesadas.

Lea también

Se reunió en Ortigueira la xunta local de seguridad ante el Festival Internacional del Mundo Celta 2026

El subdelegado del gobierno en A Coruña, Julio Abalde copresidió este miércoles la Xunta Local …