Uns 70 cabalos participarán este sábado en Cabanas no Campionato Galego de Andadura

Os amantes do mundo cabalo teñen este sábado, 15 de xullo, unha cita en Cabanas. O municipio será escenario dunha das probas da XX edición do Campionato Galego de Andadura –modalidade incluída na Federación Hípica autonómica-. Un auténtico espectáculo aberto a veciños e visitantes organizado polo Club Hípico de Andadura Galega coa colaboración do Concello de Cabanas, a través da Concellería de Deportes.

As diferentes carreiras equinas terán lugar nun circuito habilitado nunha das parcelas do polígono de Vilar do Colo, en cuxo entorno se dispuxo tamén dunha ampla zona de estacionamento para todos aqueles que desexen seguir as probas.

Comezarán sobre as 9 horas e, segundo as estimacións da organización, prolongaranse ata as 20 h. As probas previstas son: Andadura chapeada (cabalos de menos de 1,5 m); Andadura chapeada (cabalos de máis de 1,5); Andadura aserrada (menos de 1,5 m); Andadura aserrada (máis de 1,5 m), e Trote de trotadores. Prevese que, na competición, tomen parte uns 70 cabalos, entre os que se atopan trotóns e equinos cruzados de varias razas.

Lea también

O Parrulo Ferrol hará Fan Zone en A Malata este domingo antes de su primer partido de la Final del playoff de ascenso

No hay dos sin tres. O Parrulo Ferrol quiere que este domingo en el primer …