A Xunta Local de Goberno deste luns 10 de xullo acordou a suspensión da tramitación do contrato para a roza de viarios e cunetas da zona rural, que xa fora adxudicado, ata que o Tribunal Administrativo Central non resolva o recurso interposto por unha das empresas desbotadas no mesmo, nun procedemento aberto con pluralidade de criterios.
O Goberno Local, ven de acordar activar unha vía alternativa, a mais áxil posible, a través dun contrato menor (18.000 euros mais IVE) para actuar no inmediato nas rozas mais urxentes en espazos estratéxicos e claves para mellorar a seguridade e a limpeza como as rotondas e accesos as praias.
Así o manifestaba este luns o alcalde, Jorge Suárez, que garantía que o contrato estaría en marcha e activo en poucos días para actuar nas zonas mais urxentes, ata un máximo de 60 quilómetros lineais, que é o límite máximo que se pode encadrar neste contrato.
“Unha das empresas presentou un recurso suspensivo do acordo de adxudicación no último día, quince minutos antes do peche do prazo. E unha actuación que compromete os intereses públicos, algo que non é bo para o Concello de Ferrol”, manifestaba Suárez.
Este contrato menor ven a ser unha solución alternativa e urxente a situación que deriva da presentación dun recurso que paraliza un procedemento de contratación que xa estaba practicamente pechado e que dilata o inicio das rozas previstas, unha actuación moi demandada pola veciñanza que merece cumprida resposta por parte da Administración local.
O CONTRATO PARA A ROZA DE VIARIOS DA ZONA RURAL INICIOUSE EN MARZO E FOI ADXUDICADO POR DOUS ANOS
O proceso de contratación para a roza de viarios abríase o pasado 20 de marzo, na Xunta de Goberno Local, no que se aprobara a súa licitación pública mediante procedemento aberto, con pluralidade de criterios de valoración.
O día 5/06/2017 a Xunta de Goberno Local acordou adxudicar o presente contrato á empresa Acciona Medio Ambiente SAU polo importe total de 186,699,38 € polas dúas anualidades (engadido o IVE).
O día 4/07/2017, derradeiro día para presentar un recurso e quince minutos antes da hora na que se pechaba o prazo, a empresa MURAT CONSTRUCCIÓN Y MANTENIMIENTO SLU presentou no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol anuncio de interposición de recurso e recurso especial en materia de contratación contra o acordo de adxudicación do presente contrato alegando que a Mesa de Contratación Permanente non debería ter solicitado aclaración da súa oferta económica á empresa Acciona Medio Ambiente SAU esolicitando anulación do acordo de adxudicación recurrido e a orde de retrotraer as actuacións ao momento anterior ao acordo.
Este recurso obriga necesariamente -conforme a RD 814/2015- ao Concello a suspender a súa execución mentres non se pronuncia a Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais.
O Concello dispón de cinco días para remitir as súas alegacións, xa en redacción, coa vontade e a confianza de que poderá desbloquear a situación no prazo mais breve para iniciar os traballos de roza da zona rural. Mentres este contrato non se desbloquea, o Concello iniciará, igualmente, as rozas mais urxentes a través dun contrato menor nos vindeiros días ata o máximo de metros que lle permita esta modalidade de contratación.
¿Pero no decía que iba a remunicipalizar los servicios básicos del concello? Pues ya lleva dos años y todavía no ha empezado. Aunque también es cierto que dijo el primer día que no iba a gestionar nada, sigue con la política manirrota del anterior, tirando de cheques sin control de los trabajos eventuales contratados.