O Grupo Municipal do BNG de Ares denuncia a falta de respecto institucional, ao non ser convidado a un acto homenaxe a dúas deportistas aresás

O voceiro do Grupo Municipal do BNG no Concello de Ares, Emilio Mesías, calificou de improvisada e
interesada a homenaxe organizada polo Concello de Ares este xoves a dúas deportistas aresás.

«Tanto os concelleiros como a concelleira nacionalistas, non foron convidados nin informados da recepción institucional “nin tan siquera de palabra”, o que resulta dunha falta de respecto á institución, aos concelleiros e aos mesmos homenaxeados e familiares, ao quedar o acto sin a representación dunha parte importante da veciñanza.» sinala o GM do BNG.

Tanto as rapazas homenaxeadas como as súas familias merecen moito máis, merecen que toda a veciñanza poida participar do acto».

Non é a primeira vez que se dá esta mesma mesma circunstancia. Hai xustamente dous anos, o BNG dirixíu un escrito ao Alcalde por unha situación similar, polo que criticaron con dureza a visión que o Grupo de Goberno tén da institución municipal, a quen acusan de non saber estar á altura do cargo que ostentan”.

O BNG vai presentar unha reclamación no Concello e pedirán explicacións, así como unha desculpa pública por este feito.

Lea también

Informes técnicos determinan en Mugardos la tala de la palmera en la avda de Galicia

El Concello de Mugardos anuncia con pesar la inevitable tala de la palmera situada en …