“Escenarios Paralelos” leva este domingo ó parque da Frouxeira o espectáculo de acrobacias “O que queda por chover”

Playa Frouxeira.

O parque da praia da Frouxeira será este domingo o novo “Escenario paralelo” da programación cultural do Concello de Valdoviño. Alí terá lugar o espectáculo “O que queda por chover”, a cargo da compañía Duelirium. Protagonizado por dúas acróbatas aéreas, Raquel Oitaven e Mercé Solé, está dirixido a todos os públicos. E, nel, abordarase o curso da vida das mulleres dende os anos novos ata que os fins son chegados. A infancia, a adolescencia e a madurez son puntos polos que transcorre a historia, dende un punto de vista cómico, dinámico e visual. Unha proposta cultural ineludible que dará comezo ás 19,30 horas.

Continúa así o programa “Escenarios Paralelos”, despois da súa inauguración no atrio da Capela das Neves (Aviño) a semana pasada. Tras o espectáculo de Duelirium, continuará o domingo 16, tamén no parque da Frouxeira, coa banda de música de Visantoña-Odaiko e o 23 coa obra “En punto”, a cargo do grupo “Teatro en Punto”. O venres 28, o Concello propón unha andada nocturna baixo o lema “Lavandeiras: igrexa de Vilarrube-Lavadoiro dos Romeus (Vilaboa)”, con espectáculo incluído neste último espazo. Para participar, é preciso inscrición previa na Casa da Cultura. E, pechando o programa de xullo, espectáculo de monicreques a cargo de Seisdedos Marionetas Tradicionais. Ofrecerán “O galo Quirico e os seus amigos” no parque de Marnela (Pantín) o domingo 30.

Lea también

O Ateneo Ferrolán proxecta o filme «Linda» dentro da programación 25N

Este venres dia 22 as 19.30h dentro da programación do 25N “Día contra a Violencia …