Inícianse as obras para empezar a nova resonancia magnética do CHUF

As obras necesarias para poder incorporar unha nova Resonancia Magnética ó Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol comezan esta semana. Incorporarase unha nova parataxe de 1,5 Teslas, fronte á Resonancia Magnética actual que tiña 1 Tesla. Isto implica realizar estudos cunha imaxe de moita maior calidade en menos tempo, ademais de incorporar estudos máis complexos.

A actual Resonancia Magnética está emprazada no Servizo de Radiodiagnóstico do Hospital Arquitecto Marcide; e é onde se emprazará igualmente o novo dispositivo. Polo tanto, é necesario extraer a actual e facer as obras e adaptacións necesarias para incorporar a nova. Esta intervención prolongarase por ó redor de dous meses. Para a realización das obras necesarias de demolición, albanelería, pavimentos ou blindaxe, entre outras cuestións, e situar a nova Resonancia Magnética, investirase un total de preto de un millón de euros.

Para favorecer que se poida seguir a realizar este tipo de proba ós pacientes da área sanitaria durante o tempo estimado das obras de mellora e adaptación, a Xerencia Integrada de Ferrol habilitou unha Unidade Móbil de Resonancia Magnética, que permitirá continuar coa actividade. Estará emprazada no recinto exterior, na parte posterior do Hospital Naval do Complexo Hospitalario Universitario. Os pacientes xa están a ser citados para este período neste emprazamento provisional. Dende a Xerencia Integrada de Ferrol, pídense desculpas polos trastornos temporais que a incorporación deste mellora poidan traer consigo.

A Resonancia Magnética é unha proba de imaxe para facilitar o diagnóstico de moi diversas patoloxías, neurolóxicas, musculoesqueléticas, de mama ou abdominais; os dous primeiros grupos, enfermidades neurolóxicas e musculoesqueléticas, son as máis habituais. Este dispositivo actúa cun imán ou campo magnético que, ó aumentar a 1,5 teslas, permite maior definición da imaxe; e isto implicará facer tamén novas técnicas máis dirixidas, como por exemplo, a resonancia de próstata ou cardíaca, que agora se criban con outras metodoloxías diagnósticas. Na Xerencia Integrada de Ferrol, realízanse ó redor de 8.000 Resonancias Magnéticas ó ano.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …