Foro Ferrol Vivo inicia dúas novas campañas nas redes para promocionar os espazos naturais do municipio

Foro Ferrol Vivo

Despois do éxito da campaña de recuperación de espazos degradados #SálvaoCunSelfie, e da dirixida a dar máis visibilidade ás mulleres no deporte local, a través de #ElasTaménXogan, o Foro Ferrol Vivo leva a cabo nestes meses de verán dúas novas iniciativas que teñen nos espazos naturais e no coidado do medio os seus eixos fundamentais. Así, ao longo de xullo e agosto, as persoas que o desexen poderán subir imaxes a Twitter co “hashtag” #NaturalmenteFerrol ou #FacémoloNatural, nomeando a @unferrolvivo, ou ben mandalas á dirección de correo unferrolvivo@gmail.com. As mesmas deben ser de espazos naturais, no primeiro dos casos, ou de situacións relacionadas co coidado do entorno (como recollida selectiva, limpeza de praias, etc.).

Coa primeira das campañas o que se pretende é poñer en valor un municipio que se caracteriza por ofrecer infinitos espazos naturais únicos e con encanto, tanto no que se refire a praias e costa, como no referido a zonas verdes e de lecer. Aínda que poderán saír inmobles, o que debe destacar nas fotografías é o natural sobre o arquitectónico.

A segunda, #FacémoloNatural, nace co obxectivo de lembrar a importancia que ten o respecto e coidado do medio para, precisamente, dispor de espazos naturais limpos e libres de residuos e contaminación. Polo tanto, poderán ser imaxes de denuncia, reivindicación ou ben de apoio a unha determinada acción ou política medioambiental. Como na primeira campaña, o nome de hashtag xoga coas palabras e o seu significado, de modo que sexan lemas atractivos ao tempo que informativos e didácticos.

Unha vez que remate o verán, o Foro Ferrol Vivo recollerá todas as fotos que teña recibido, tanto no Twitter como as que cheguen ao correo e posteriormente colgue nas redes sociais –Twitter e tamén a páxina de Facebook, Foro Ferrol Vivo- e fará un traballo sobre as mesmas.

Lea también

28 palmeras han recibido en Ferrol tratamiento contra el picudo rojo

El concejal de Medio Ambiente de Ferrol, José Tomé, informó en la comisión del área …