O Concello de Valdoviño lanza en redes sociais a campaña #ViveValdoviño

Cartel da campaña – Concello de Valdoviño

Turismo de Valdoviño convida a veciños e visitantes a mostrar ó mundo o fermoso que é o municipio. Que descubran a través das redes sociais os seus espazos preferidos e outros menos coñecidos. Para iso, anima a todo o mundo a facerse un selfie con Valdoviño como escenario ou ben unha fotografía do espazo elixido e compartilo en Facebook e Twitter co hashtag #ViveValdoviño e o nome do emprazamento elixido. O Concello estará moi pendiente das redes para compartir cada imaxe e animar a que o fagan o resto dos seus seguidores. Así mesmo, cada semana elixirase unha das fotografías para ilustrar a foto de portada da páxina Valdoviño Turismo.

Para arrancar a campaña #ViveValdoviño, e durante as primeiras semanas, o Concello proporá algúns emprazamentos únicos nas diferentes parroquias. Así, comezará co encoro das Forcadas, a antiga igrexa de Loira, a lagoa da Frouxeira, a praia do Rodo, Porto do Cabo, o adro da igrexa de San Bartolo, a igrexa de Lago e a Capela do Porto.

Lea también

Informes técnicos determinan en Mugardos la tala de la palmera en la avda de Galicia

El Concello de Mugardos anuncia con pesar la inevitable tala de la palmera situada en …