Inés Santiago, nova campioa do Mediterráneo

Inés Santiago tras finalizar a proba – Federación Española Triatlón

Inés Santiago proclamouse campioa do Mediterráneo ao ser segunda da Copa de Europa de Altafulla e só superada pola estadounidense Summer Cook, actual 11ª do ranking mundial. Moi preto, quinta da xeral, entrou Melina Alonso remontando a pé.

As internacionais do Triatlón Ferrol saíron da auga detrás de dúas escapadas. Inés Santiago nun primeiro grupo e Melina Alonso, no segundo. Unha boa transición permitiulle á maior das Alonso facer un ataque, colaborar cunha triatleta italiana ata quedar a piques de enganchar coas perseguidoras mediado o ciclismo. Nese grupo, rodaba Santiago esgotando moitas forzas e pensando que o ía pagar no sector final a pé. Pero unha rápida segunda transición colocou a Inés Santiago en cabeza do grupo e así poder correr ao ritmo que ela mesma se marcaba.

Collín unha das escapadas e, ata que non estaba a punto de cruzar a meta, non mo cría. Non podo estar máis contenta co meu primeiro podio elite”, resumiu unha exultante canteirá ao lograr a prata da xeral.

Pola súa banda, Melina Alonso viu remontando desde atrás no segmento de carreira para entrar no top-5 da Copa de Europa e quedar cuarta do campionato Mediterráneo, a 20 segundos do bronce.

Lea también

El concello organiza su II Triangular de fútbol femenino con el apoyo del Rápido de Neda

Los días anteriores se juega también en el campo municipal de Neda una nueva edición …