O BNG pídelle ao goberno que esixa a Defensa o mantemento das súas instalacións

Batería de Lobateiras – BNG

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol quere chamar a atención sobre os vertedoiros incontrolados, mesmo con material contaminante, que existen en propiedades incluidas no convenio co Ministerio de Defensa como é o existente nas baterías de Lobateiras no Pieiro.

A situación é tan singular que o Ministerio de Defensa propietario destas instalacións non ten ningunha obriga de limpeza nen mantemento destas propiedades e o Concello que non ten ningunha competencia sobre estes terreos ten adquirida unhas responsabilidades de conservación que non exerce pero que tampouco quere esixir ao titular dos terreos que é o Ministerio de defensa, como esixe ao resto de propietarios da cidade.

Para o BNG é fundamental que «mudemos a perspectiva e os obxectivos que ten este Concello para co convenio co Ministerio de Defensa. Cumpre, por tanto, que en lugar de insistir en modificar o convenio, como fixo o PP, iniciemos o proceso de anulación do mesmo xa que se evidencia que é unha ruina, as propiedades incluidas nel, e que o concello non dispón dos medios necesarios para manter unhas instalacións que non son súas e cuxo propietario desentendese das mesmas«.

Dende o BNG «cremos que as aspiracións municipais non poden pasar por incrementar o patrimonio en ruina e abandonado nunha cidade que non ten recursos económicos para mantelo e por tanto, cumpre esixir ás administracións propietarias destes inmobles que paguen os impostos que lles correspondan e manteña as edificacións nun estado de conservación adecuado do mesmo modo que se lle esixe a un particular«.

Lea también

Ferrol destinará más 345.000 euros en la segunda fase de las aceras en el camino del cementerio de Serantes

El plan de barrios del Concello de Ferrol se está realizando durante esta semana en …