A bandeira conmemorativa do Día Internacional do Orgullo LGTBQI onderará este mércores no Concello

A concelleira de Igualdade do concello de Narón, Teresa Sabio, indicou que a bandeira LGTBQI onderará na xornada deste mércores nun mastro da Casa Consistorial con motivo da conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBQI, en sinal de apoio ao colectivo. O goberno local de Narón colabora ademais cunha campaña de sensibilización impulsada pola Deputación da Coruña, apoiando a diversidade e a liberación sexual e que ten tamén entre os seus obxectivos normalizar á comunidade LGTBQI.

A edil naronesa apuntou que nos paneis informativos dixitais localizados nos barrios da zona urbana pódese ler tamén o lema da campaña: “Construíndo diversidade”, e anunciou que durante a xornada deste mércores, as persoas que vaian á Biblioteca Municipal e fagan uso do servizo de préstamo de libros, recibirán unha chapa conmemorativa do Día Internacional do Orgullo LGTBQI e material informativo sobre a citada iniciativa. Este mesmo material entregarse noutras instalacións municipais, como o Centro de Formación Irmás Froilaz, na Gándara; o Centro Manuela Pérez Sequeiros; e ao alumnado das Escolas de Música e do programa ConciliaEscola Verán, entre outros.

A sociedade debe respectar o principio da igualdade e tolerancia entre as persoas, sen establecer ningún tipo de distinción en función da súa raza, relixión, sexo ou calquera outro parámetro, porque é precisamente a través dese respecto como contribuiremos a normalizar as diferentes comunidades, entre elas a de LGTBQI, que este mércores celebra o Día Internacional do Orgullo LGTBQI e á que deste o goberno local ofrecemos o noso apoio e colaboración”, recalcou Sabio.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …