Será na Praia da Bestarruza o vindeiro sábado 1 de xullo ás 12 das mañá cando se celebre esta I Travesía a nado do Concello de Mugardos.
Con distancias dende os 100m de promoción aberta a todas as idades ata os 1000m para as persoas nacidas no 2002 e anteriores, pasando pola distancia de 400m para as persoas nacidas o 2003 ou en anos posteriores.
Haberá premios para as tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría e trofeos para o gañador absoluto masculino e feminino.
As inscricións faránse ata as 23:59 horas do día 29 de xuño a través da plataforma web PruebaT. As persoas interesadas poderán inscribirse na travesía do Concello de Mugardos por 3€ e se fan a inscrición da travesía de Ares serán as dúas por 5€.
Os Concellos de Mugardos e Ares promoven dende o Complexo acuático que comparten en Franza, a participación en ambas travesías a nado.