A praia da Madalena será escenario de 88 luminarias na noite de San Xoán

Ata 88 veciños e entidades solicitaron este ano autorización ao Concello de Cabanas para celebrar as luminarias na noite de San Xoán na praia da Madalena. Unha cifra superior á do ano anterior, cando foron 63 as solicitudes presentadas.

O Concello lembra que habilitará no areal espazos reservados para tal fin e, co ánimo de ofrecer as máximas garantías posibles en materia de seguridade, aquelas persoas interesadas debían comunicalo expresamente á Administración local, presentando unha instancia no Rexistro Xeral.

Así mesmo, dende o Concello se informa de que unha cuadrilla de operarios encargarase da limpeza destas zonas acotadas dende as 6 horas do día seguinte. A previsión é concluír os traballos sobre as 13 horas para que a praia estea en perfectas condicións para veciños e visitantes. Ata ese momento, o Concello aconsella á cidadanía esperar para disfrutar do areal.

Lea también

La Policía Local de Ares intervino en dos incidencias en la noche del sábado

  En la noche del sábado los efectivos de la Policía Local de Ares han …