Exhibicións das escolas deportivas municipais e festa acuática en Fene

Edición anterior da festa acuática – Concello de Fene

A Concellería de Deportes do Concello de Fene organiza para este venres, 16 de xuño, a exhibición das escolas deportivas municipais. A actividade comezará ás 17.00 horas no Pavillón da Xunqueira (San Valentín) e incluirá demostracións das habilidades adquiridas ao longo do presente curso polo alumnado de baile, ximnasia rítmica, ximnasia artística, iudo, kárate, patinaxe, baloncesto, fútbol sala…

Unha vez rematadas as exhibicións, entregaranse os diplomas a todos/as os/as participantes.

FESTA ACUÁTICA NA XORNADA DE CLAUSURA DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE PISCINA

A piscina municipal de Centieiras acolle este sábado, 17 de xuño, de 10.30 a 13.30 horas, a clausura das Escolas Municipais de Piscina. A Concellería de Deportes anuncia para ese día unha festa acuática na que poderán participar, en diferentes quendas, todos/as os/as alumnos/as das devanditas escolas.

De 10.30 a 11.30 horas será a festa acuática para os/as alumnos/as de Escola de bebés. A continuación, de 11.30 a 12.30 horas, desenvolverase a festa acuática de Escola de 1ª Infancia. E xa por último, a partir das 12:30, será a exhibición e a festa acuática das Escolas de Iniciación e Perfeccionamento Infantil e Xuvenil.

Tamén se anuncia, dende a Concellería de Deportes, que no devir desta xornada de clausura das Escolas Municipais de Piscina entregaranse os diplomas a todos os alumnos/as do curso 2016-2017.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …