Cabanas abre o prazo para pedir autorización para as luminarias de San Xoán

O Concello de Cabanas informou esta mañá de que, como vén sendo tradición, habilitará na praia da Madalena espazos reservados para realizar luminarias con motivo da festividade de San Xoán. Así, aquelas persoas interesadas deberán comunicalo expresamente á Administración local, presentando unha instancia no Rexistro Xeral. O prazo para facelo está aberto e concluirá o vindeiro día 21.

Na instancia deberán figurar datos como o nome da persoa responsable, teléfono, e-mail ou ubicación da luminaria. Así mesmo, asúmense unha serie de compromisos para garantir a seguridade e a limpeza na zona.

Lea también

Mugardos aprueba la nueva Política de Seguridad de la Información

El Ayuntamiento de Mugardos aprobó la nueva Política de Seguridad de la Información, basada en …