Abeledo mantivo reunión con labregos da comarca

Instante da reunión – EU Narón

André Abeledo mantivo unha reunión cun grupo de labregos da comarca na oficina do Grupo Municipal de EU no Concello de Narón. O motivo da reunión era explicarlle a Abeledo a problemática que están a vivir coas desfeitas dos xabaríns nas súas colleitas.

Os labregos mantiveron unha reunión este venres día 9 co responsable de fauna cinexética dependente da Consellería de medio ambiente. O colectivo transmitíronlle a necesidade de que a Xunta poña os medios necesarios.

Abeledo saca a conclusión de que o colectivo entende a necesidade de que o xabarín e outras especies da nosa flora e fauna autóctona estean protexidas, pero tamén que se protexa o seu medio de vida. É moi difícil e da moito traballo sacar adiante unha explotación, ademais o sector primario é fundamental para que o noso país dispoña de soberanía alimentaría.

Entenden que é preciso facer un control da especie para evitar o excedente de poboación. Abeledo indicou que existen estudos que defenden que a castración pode ser un bo método, posto que o xabarín responde a caza reproducíndose máis veces como xeito de asegurar a especie.

Tamén entenden como moi importante, como parte fundamental, a necesidade da limpeza das zonas forestais e sobre todo das fincas agrícolas abandonadas, entendemos que esta medida evitaría a maior parte destes ataques, poi o xabarín non chegaría tan cerca das fincas sementadas.

O colectivo esta barallando constituírse nunha plataforma para defender o seu pan, e quixeron deixar moi claro que non queren axudas nin indemnizacións o que buscan e esixen son solucións.

Solicitarán tamén ser recibidos pola Ministra do Medio Rural e pola Consellería de Medio Ambiente.

Lea también

Xosé Miguel Mahía renunció al acta de concejal de Mugardos por motivo de estudios en el extranjero

La noticia, aunque no era oficial, se hizo real en la mañana de este miércoles, …