Este domingo Marcha Ciclista Popular “Concello de Fene”

Instante dunha marcha ciclista anterior – Concello de Fene

A Concellería de Deportes de Fene organiza para este domingo 11 de xuño unha nova Marcha Ciclista Popular, actividade familiar non competitiva coa que se pretende fomentar a práctica deportiva e os hábitos de vida saudables. A proba comezará ás 11.00 horas na Praza do Alcalde Ramón Souto González (Praza do Concello) e terá unha duración aproximada de dúas horas. As inscricións para participar na marcha realizaranse o mesmo día no Salón de Plenos da Casa do Concello, de 9:30 a 10:45 horas.

Un ano máis, a Marcha Ciclista Popular do Concello de Fene contará con dous itinerarios: o primeiro, cunha distancia aproximada de 7 km, e o percorrido total, cunha distancia aproximada de 15 km.

Segundo informan dende a Concellería de Deportes, para participar na Marcha Ciclista Popular será obrigatorio o uso de casco. Ademais, ao remate da proba, realizarase un sorteo dunha bicicleta e material deportivo entre todas as persoas participantes.

Lea también

El concello organiza su II Triangular de fútbol femenino con el apoyo del Rápido de Neda

Los días anteriores se juega también en el campo municipal de Neda una nueva edición …