Venda anticipada dos tickets para o xantar popular no 106 aniversario da Feira do 21

Novo aniversario dun dos mercados máis tradicionais, senlleiros e lonxevos da comarca: a Feira do 21 de Cabanas. Neste mes de xuño alcanza os 106 anos e, con tal motivo, o Concello, a través da Concellería de Cultura e Turismo, organiza un xantar popular. Celebrarase, como marca a tradición, o 21 de xuño e os tickets poden mercarse de forma anticipada na propia casa consistorial de luns a venres de 9 a 14 horas. Hai dous menús: o primeiro inclúe unha ración de pulpo, pan e dúas copas de viño, así como café e bola e o prezo é de 12 euros, namentras que o segundo engade tamén media ración de churrasco e o prezo é de 15 euros.

Nesta liña, o Concello de Cabanas anima á veciñanza a celebrar este aniversario da Feira do 21 acudindo á cita. Como é habitual, os postos de venda de productos da horta, utensilios de labranza, cestería e outros permanecerán fieis nas inmediacións da praia da Madalena durante toda a mañá.

Lea también

Un senderista herido en las Fragas do Eume tuvo que ser trasladado en helicóptero al Hospital Naval de Ferrol

Un senderista tuvo que ser trasladado en helicóptero después de resultar herido en las Fragas …