Obradoiro de cociña en familia en Pantín

Foto de familia dos participantes – Concello de Valdoviño

O local social de Pantín foi escenario onte pola tarde dunha nova sesión do Obradoiro de Cociña en Familia organizado pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Valdoviño.

Unha actividade gratuíta na que nais e pais con fillos e fillas de dous a seis anos realizaron unha sinxela receita e, amáis de divertirse, aprenderon as claves para unha dieta equilibrada.

A iniciativa estaba incluída no programa de actividades socioeducativas do Concello.

Lea también

Dez mulleres completan en Sequeiro, Valdoviño, o itinerario formativo de Agricultura Ecolóxica

Valdoviño volveu converterse en centro de formación do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade. Dez …