Iniciouse a campaña anual de control de aves

O Goberno de Ferrol, a través da concellería de Medio Ambiente, lembra os veciños que xa está en marcha a campaña anual de control de aves, no concreto, da poboación urbana de gaivota patiamarela, estorniño pinto e pomba doméstica, que se executa a través dun plan de acción que, este ano, principiou a mediados de maio e estará activo ata o 31 de agosto

O obxectivo deste servizo, de balde para os veciños, é xestionar axeitadamente o control poboacional das aves no entorno urbano para evitar riscos de pragas e garantir a salubridade pública, ao tempo que se asegure o benestar dos animais e a calidade de vida dos veciños.

Con este fin, e para difundir o contido da campaña entre os cidadáns, editouse un folleto divulgativo, que se pode consultar na web municipal, no que se describen brevemente as características principais destas especies e se detallan os medios e horarios polos que se atenderán as queixas que calquera cidadán/á poida ter pola presenza destas aves.

Para dar conta de posible problemas relacionados coa nidificación das aves, está a disposición dos veciños o teléfono 981677809 ou na dirección de correo electrónico locusavis@telefonica.net en horario de 9:00 a 19:00 horas.

A Xunta de Goberno Local adxudicou a prestación deste servizo a Locus Avis o pasado 15 de maio por un importe de 63.0141 euros, Ive incluído. A empresa xa está a traballar nos 84 avisos dos que se tiña constancia no departamento de Medio Ambiente do Concello para dar resposta as demandas veciñais, fundamentalmente en inmobles situados no barrio de A Magdalena, Ferrol Vello e, en menor medida, nos Ensanches.

O programa de acción pasa unha visita aos domicilios dos solicitantes para resolver o problema encontrado o asesoralos en posibles solucións de índole privada. No caso do control de gaivotas, o obxectivo é reducir e desprazar a poboación de gaivotas que colonizou a cidade e fai uso dela alimentándose dos nosos refugallos e criando nos nosos edificios edificios, o que ocasiona ruídos, malos olores e danos nas cubertas.

 

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …