O BNG insiste que o goberno local quere enganar aos veciños con tema da tasa

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, diante das afirmacións do portavoz do goberno local, quere indicar que se o problema fora de incapacidade non teriamos reparo en explicarlle unha vez máis ao goberno municipal o despropósito da xestión da EDAR, pero o problema é que este goberno o que pretende é enganar aos veciños e veciñas da cidade cun imposto por depurar augas de choiva sen contaminar, un imposto às nubes, e por unha infraestrutura que non é nosa e en base a un estudo de custos elaborado por EMAFESA de 2,5 millóns de euros anuais cando o gasto do mes de abril é de 168.282,47 euros, que por 12 meses suporían 2 millóns de euros, medio millón de euros menos que o proposto por este goberno.

O BNG considera por tanto que este goberno o único obxéctivo que persigue é incrementar o negocio da parte privada de EMAFESA e está moi lonxe de dar un servizo os veciños e veciñas.

Lea también

Suspenden el operativo de búsqueda de Doniños, en Ferrol, al no denunciarse la desaparición de ningún pescador

El operativo de búsqueda que se había activado alrededor de las 19,00 horas del pasado …