Máis de 1.200 alumnas e alumnos das Escolas do Padroado da Cultura celebran o fin de curso

A actividade chegará de novo esta fin de semana ao Pazo da Cultura cunha serie de actuacións a cargo, nesta ocasión, do alumnado das Escolas de Baile e de Música Tradicional do Padroado da Cultura. Entre o sábado e o domingo subirán ao escenario un total de 1.230 rapaces e rapazas que durante o curso 2016-2017 asistiron ás clases destas Escolas, nalgunha das súas diferentes modalidades. A convocatoria servirá para que o alumnado amose ás súas familias e amigos o resultado do aprendido nos últimos meses.

Na xornada do sábado, día 3, será o turno das alumnas e alumnos das Escolas de Baile do Padroado nas modalidades de Baile social, Baile deportivo de competición, danza coreográfica e ritmos caribeños. Os pases programados serán en dúas sesións, que darán comezo ás 17.00 e ás 19.30 horas. En total participarán 320 alumnas e alumnos.

O domingo día 4 será o turno do alumnado das Escolas de Música e Baile Tradicional do Padroado: Gaita, Zanfona, Baile, Acordeón, Pandeireta e O Recuncho dos Pequechos. O primeiro pase dará comezo ás 16.30 horas e no mesmo actuarán 380 nenas e nenos, dos grupos infantís. Unha vez que rematen, ás 19.00 horas, está programada a segunda sesión, na que actuarán 530 alumnas e alumnos. Así mesmo, durante estes dous festivais actuarán a Banda de Gaitas e o Grupo de Baile Tradicional Alxibeira. As persoas interesadas poden adquirir as entradas dispoñibles –ata completar o aforo- na billeteira do Pazo da Cultura a un prezo de dous euros.

Lea también

Ferrol, acoge el encuentro intergeneracional de corales de personas mayores

La concejala de Política Social e Inclusión de Ferrol, Rosa Martínez, presentó este jueves 21 …