Novo boletín «no Camiño»

A aprobación dos orzamento para o presente ano enche de contidos o último número do boletín «Neda no Camiño», que edita o goberno local para ter informada á veciñanza sobre as novidades e actividades que se producen no termo municipal.

As contas do 2017

As contas aprobadas suben un 3,8% con respecto ás do ano anterior. As actuais ascenden a un total de 4.403.633,03 euros. Sobre a política de gasto, na publicación destácase o incremento da partida dedicada a Servizos Socias e o importante volume de obras recollidas no apartado de inversións. Entre outras medidas sociais cítase a aplicación dunha nova línea de axudas para familias numerosas e con poucos recursos, así como o financiamento dun servizo de transporte para trasladar ao médico ou facer compras a persoas maiores con pensións moi axustadas. En canto ás inversións, o goberno de Neda aproveita o boletín para desglosar as máis importantes e para informar do destino que van ter os 618.000 euros do Plan de Obras e Servizos da Deputación.

A celebración esta fin de semana da Feria do Camiño, a recollida das patacas infectada pola polilla gualtemalteca e a entrada en funcionamento de cara ao próximo curso da escola infantil son outros dos asuntos recollidos nunha publicación que entre  xa estará en todas as casas de Neda.

A través de ela tamén se coñecerá algo máis sobre a historia da Sociedade Cultural e Deportiva Roxal e o labor que fai a Asociación de Veciños de Ancos para tratar de dinamizar a parroquia.

Lea también

Xosé Miguel Mahía renunció al acta de concejal de Mugardos por motivo de estudios en el extranjero

La noticia, aunque no era oficial, se hizo real en la mañana de este miércoles, …