Maiores e peques cociñaron en familia no obradoiro organizado en Valdoviño

Participantes do obradoiro – Concello de Valdoviño

O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, organizou o pasado luns en Pantín un obradoiro para cociñar en familia. Unha actividade gratuíta que se reeditará a vindeira semana –luns 5 de xuño, de 16,30 a 18 horas- no mesmo escenario, o local social da parroquia. Aínda queda algunha praza libre, polo que as familias con nenos e nenas de entre 2 e 6 anos aínda están a tempo de apuntarse. Poden facelo acudindo ó departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa do consistorio- ou chamando ó teléfono 981 48 70 41 ext.5.

O taller de cociña está guiado por unha profesional e, na actividade, maiores e pequenos e pequenas disfrutan da elaboración dunha sinxela receita e, ademais de divertirse, aprenden as claves para unha dieta equilibrada.

Lea también

Las aulas municipales de música en Valdoviño ofrecen un festival fin de curso

Los alumnos de las aulas municipales de música finalizan el curso con un festival abierto …