O San Xoan Tenis de Mesa organizou o I Torneo Ultimate Ping, contra a violencia de xénero

Podio do Ultimate Ping – San Xoan Tenis de Mesa

O pasado domingo, e paralelamente ao VI Torneo Aberto Internacional Cidade de Ferrol de Tenis de Mesa, o club San Xoan Tenis de Mesa organizou unha nova modalidade, o I Torneo Ultimate Ping, que tamén se disputa en outros paises europeos como Francia ou Alemaña, que se disputa en 4 mesas que forman unha gran mesa.

O que levou a entidade a disputar dita proba e en formato mixto foi que o deporte ten que transmitir valores de igualdade, e polo tanto de loita contra a violencia de xénero, da que ultimamente hai moitos casos.

Ademais a proba mixta foi eliminada da competición dos campionatos galegos e estatais, e polo tanto queren ademais dende o San Xoan Tenis de Mesa facer unha reivindicación para recuperala, como exemplo de valores de igualdade.

Ademais do trofeo agasallaron ás parellas do podium, cunha taza coa mensaxe a favor da igualdade e contra a violencia.

PODIUM:

1ª Rubén García (San Xoan) – Claudia Canay (Narón)

2ª Javier Diz (Club do Mar Coruña) – Diandra Cobelo (Narón)

3ª José Angel (Zás) – Ana García (Zás)

3ª Miki (Zás) – Laura Rodriguez (Cinania Cangas)

Lea también

Esteiro acoge el Torneo de Baloncesto de Veteranas Ciudad de Ferrol

El concejal de Deportes de Ferrol, Ricardo Aldrey, presentó en la casa consistorial la segunda …