O Concello de Ferrol fará unha dobre convocatoria 2016-2017 das subvencións a entidades deportivas

O concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea, deu conta este mércores da convocatoria das subvencións para clubes deportivos e escolas de base 2016 e 2017 que ademais de simplificar os trámites, de forma extraordinaria terá carácter retroactivo para paliar a ausencia de achega pública municipal do ano pasado.

O concelleiro de Deportes, que asumiu esta responsabilidade en novembro do 2016, expuxo que ven de conquerir, por parte da Intervención, un informe favorable a convocatoria, con caracter extraordinario e retroactivo das subvencións ao deporte de base que non se convocaron no pasado ano.

Con este fin, Basterrechea avanzaba que a primeiros de xuño, iría a pleno extraordinario un modificativo de crédito por un importe de 90.000 euros con este obxectivo.

«Aínda que tarde, tratamos de paliar o acontecido no pasado ano facendo de forma conxunta as subvencións 2016 e 2017 para, de acordo as instrucción dos técnicos, simplificar os trámites ao unificar as axudas que antaño se dividían entre clubes de base e escolas deportivas nunha mesma subvención», expuxo Basterrechea.

O esforzo foi máximo por parte de Deportes, destacaba hoxe o seu concelleiro, que poñía en valor o traballo feito polos funcionarios do deparamento con escaso personal, para sacar a adiante a convocatoria e subsanar erros do pasado con subvencións que non se axustaban ao regulamento de Participación, explicaba o concelleiro, quen lamentou a supresión do Padroado de Deportes por parte do goberno anterior.

Doutra banda, en paralelo, o concelleiro de Deportes informou de que onte mesmo comezaron xa a enviarse as cartas para as subvencións nominativas para formalizar as da tempada 2016/2017. «Non vou afondar nas causas do retraso, do mesmo xeito que non houbo Gala do Deporte no ano pasado, pero traballamos para poñernos ao día, con moito esforzo e tesón e co menor prexuízo posible e creo que avanzamos na liña correcta», rematou.

O concelleiro quixo poñer o acento no momento deportivo ‘particularmente brillante’, que está a vivir a cidade cos exemplos próximos de O Parrulo, ascendido a División de Honra, que será recibido est tarde no Concello, ademais do Universitario, o Triatlón, o Club de Remo da Cabana o Rugby Ferrol e o Valdetires, entre outros exemplos. “Agardo non esquecer a ningún”, apuntou.

Lea también

AD Judo Ferrolterra consigue siete Oros en la III Jornada de la Liga Galicia Rías Altas

El pasado sábado 24 de enero se disputó en Arteixo la 3ª Jornada de la …