O alcalde de Narón valorou a concesión dos fondos Edusi destacando o traballo de Narón e Ferrol

Alcalde Narón- Fot. Galicia Ártabra

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, valorou esta mañá a concesión dos fondos Edusi para os proxectos presentados polos concellos de Ferrol e Narón. Os dous municipios recibirán dez millóns de euros ao seleccionarse as propostas presentadas o pasado ano desde ambos Consistorios. Blanco destacou “a importancia de traballar unidos para poder acceder a diferentes axudas, neste caso procedentes de fondos europeos, que repercutirán no benestar dos veciños e das veciñas”.

O rexedor local felicitou ao seu homónimo ferrolán, Jorge Suárez, polo traballo realizado, así como “a todo o persoal que tanto desde o Concello de Narón como o de Ferrol desenvolveu as tarefas necesarias para que a concesión destas importantes axudas sexa hoxe unha realidade”. O alcalde naronés subliñou que “iniciativas como esta constatan que é preciso traballar da man entre as administracións, independentemente dos partidos políticos, para poder levar a cabo diferentes proxectos que, debido ao seu elevado custe, non poderían asumir en certos casos as arcas locais”.

Así mesmo, Blanco subliñou que “isto significa un novo impulso no traballo conxunto entre Ferrol e Narón, iniciado co saneamento integral da ría” e asegurou que “é un paso máis que demostra aos veciños e veciñas de ambos municipios o positivo do entendemento entre concellos”.

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …

Un comentario

  1. De nuevo t sales con la tuya , naron no tendría esas ayudas si se presentará sólo , pero al incompetente de Jorge lo engañaste como aún niño, me gustaría saber si vosotros repartiriasis el pastel si fuese al revés