A unidade móbil de doazón de sangue visita Cabanas este sábado

O Concello de Cabanas informa á veciñanza que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) desprazarase este sábado, 20 de maio, ó municipio, onde permanecerá entre as 10 e as 15 horas, no estacionamento ubicado fronte á farmacia. O obxectivo é facilitar a doazón de sangue á cidadanía e garantir así as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos.

Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,…). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a súa vida. Por último, o Concello agradece a colaboración e solidariedade da veciñanza de Cabanas.

Lea también

Una conductora accidentada al colisionar dos vehículos en Franza, Mugardos

Sobre las nueve y media de la mañana de este jueves, día 21, se registró …