A Escola de Teatro de Narón representará mañá «O mundo de Alicia»

O Padroado da Cultura iniciará mañá o calendario de Mostras de Fin de Curso na Escola de Teatro de Narón. O Auditorio municipal acollerá, ás 20.30 horas, a representación da obra “O mundo de Alicia”, a cargo de alumnado de segundo curso da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón. A de mañá será a primeira das nove mostras escénicas programadas ata o vindeiro 31 de maio a cargo de alumnado da Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores e dos Obradoiros Municipais de Teatro do Padroado da Cultura de Narón. A entrada a todas estas representacións é de balde.

“O mundo de Alicia” é unha obra con escenas dos textos “A función do tequila”, de Manuel Guede; “Pequenos actos pseudorrevolucionarios”, de Santiago Cortegoso, e “Alicia & Alicia”, de Paula Carballeira. O equipo actoral estará dirixido por Silvia Casal, encargada tamén de realizar a escolma dos citados textos.

Esta iniciativa, que se leva a cabo cada ano coincidindo co final do curso das Escolas de Teatro do Padroado da Cultura, convócase para amosar ao público naronés unha parte do traballo realizado polo alumnado e o profesorado das mesmas, iniciado o pasado mes de outubro. No último curso contabilizáronse unhas duascentas alumnas e alumnos nestas áreas de formación, tal e como se indicou desde o Padroado da Cultura de Narón.

Lea también

Fernando Lores Heredia, galardonado en el Museo Naval de Ferrol con el Premio de Pintura de la Mar ‘Almirante 2026’ 

Este jueves día 29 de octubre, a las 12.00 horas, se ha celebrado en la …