Semana de excepción no calendario cultural de Ferrol con dúas citas únicas e imprescindibles para os amantes da música e do teatro. A primeira parada este venres no Auditorio de Caranza, as 21:30 horas, con Madeleine Peyroux (Athens, Xeorxia, 1974), a gran voz do jazz, na única data en Galicia.
Unha gran estrela do firmamento musical que vira polo mundo enteiro, actuando nos espazos escénicos máis míticos como o Royal Albert Hall. As entradas, a un prezo de 20 euros por anticipado en www.ataquilla.com e no despacho do Teatro Jofre, increméntase a 25 euros no día da actuación.
Unha cantante atemporal e unha personalidade enigmática. Tímida e imprevisible, desde hai anos necesita poucas presentacións, é unha das mellores vocalistas xurdidas na escena do jazz nas dúas últimas décadas. O talento e o potencial da Peyroux é indiscutible, escoitala en directo, un privilexio. É xa una das grandes estrelas do jazz contemporáneo.
Madeleine Peyroux (Athens, Xeorxia, 1974), á que a súa nai chamou Madalena por amor á literatura francesa, cantaba clásico dos repertorios de Billie Holiday ou Bessie Smith dos anos trinta e corenta nas rúas de París, onde se formou como músico. Era menor de idade cando empezou a percorrer as terrazas do Barrio Latino coa súa guitarra e un chapeu para recoller as moedas.
Debutou en 1996 co traballo Dreamland, un disco do que vendeu máis de 200.000 copias e que a levantou repentinamente á fama. Os seus seguintes discos, Careless Love, Half the Perfect World, Bare Bones Standing on the Rooftop foron unanimemente eloxiados pola crítica e alcanzaron grandes cifras de vendas.
En 2007 foi nomeada pola prestixiosa BBC como Mellor Artista Internacional de Jazz e o venres chega a Ferrol co último traballo, Secular Hymns, cualificado pola crítica como unha obra maestra llena de melodías en las que se realiza una cautivadora mezcla de funk, blues e jazz. Un disco gravado nunha igrexa do século XII de Oxfordshire (Inglaterra) que se alimenta tanto de exquisitas versións de blues e gospel seminal (Willie Dixon, Lil Green e Sister Rosetta Tharpe) como de extraordinarios songwriters contemporáneos (Tom Waits, Townes Van Zandt ou Allen Toussaint) e espirituais afroamericanos.
OS MISTERIOS DO QUIXOTE, CON RAFAEL ÁLVAREZ, EL BRUJO O SÁBADO 20
Os misterios do Quixote’, de Rafael Álvarez, coñecido na escena internacional como El Brujo, un luxo de representación que ven a completar a extensa programación cultural do Concello de Ferrol para este primeiro semestre do 2017.
Esta obra, dunha grandísima calidade escénica e artística, coidada polo miúdo, súmase aos espectáculos xa programados para redondear a oferta. Será o sábado 20 de maio, as 20:30 horas no Teatro Jofre, un escenario que Rafael Álvarez xa coñece ben.
As entradas, desde 18 euros, xa a venda na billeteira do Teatro Jofre e na web https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/é/teatro/teatro-jofre/7367–rafael-alvarez-os-bruxo-misterios-do-quixote.html