Cabanas organiza unha charla sobre «Nutrición Saudable» no CEIP Eladia Mariño

O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza unha charla informativa baixo o título “Nutrición Saudable”. Levarase a cabo nas instalacións do CEIP Eladia Mariño e vai dirixida ás familias con nenos e nenas no servizo “Mencer na Escola”. Un programa municipal co que o Concello busca favorecer a conciliación da vida persoal e laboral das familias que se desenvolve fóra do horario lectivo –de 7,30 a 9,30 h-.

A charla celebrarase o 26 de maio e as familias interesadas deben inscribirse previamente antes do día 24. Poden facelo chamando ó número de teléfono 981 39 22 09 (en horario de 9 a 14 horas).

Lea también

Una conductora accidentada al colisionar dos vehículos en Franza, Mugardos

Sobre las nueve y media de la mañana de este jueves, día 21, se registró …