O Concello de Narón licitará a vindeira semana a concesión para a construción e xesión de uso do establecemento expendedor de comidas e bebidas que se localizará no paseo marítimo de Xuvia. Tras un longo período de negociacións coa Demarcación de Costas o goberno local obtivo a concesión da Dirección Xeral Sostible da Costa e do Mar sobre unha superficie de 77.743 metros cadrados de dominio público marítimo terrestre ubicada en Xuvia, que inclúe ademais un parque público e un pantalán e donde se localizará o citado establecemento. O canon que terá que aboar o adxudicatario pola utilización do espazo deste último local será duns 4.000 euros, tal e como avanzou o edil de Urbanismo, Manuel Ramos.
O local expendedor de comidas e bebidas ocupará unha superficie de 280 metros cadrados, dos que 150 serán de superficie construída; 50 metros cadrados para unha terraza exterior cuberta, outros 70 metros cadrados para unha terraza aberta desmontable e os 10 metros cadrados restantes para aseos exteriores públicos. No referente á construción, o edil de Urbanismo destacou que se localizará “nun enclave privilexiado” e incidiu en que “en todo momento será, en canto aos materiais empregados, respectuosa coa paisaxe e co medio ambiente”.
As instalacións localizaranse nas inmediacións do parque infantil ubicado no paseo marítimo de Xuvia, explicou Ramos, e permitirán á administración local ampliar e mellorar a oferta de servizos na zona. “O establecemento estará nun área turística e de lecer da cidade, próxima a un centro escolar e nunha zona de paso da ruta do Camiño Inglés cara a Compostela”, indicou o concelleiro naronés. Ramos subliñou que, unha vez entre en funcionamento o novo local, “os naroneses e as naronesas terán un novo servizo nunha das áreas de ocio e paseo máis concurridas da cidade, e do que tamén poderán gozar todas aquelas persoas que visiten o paseo marítimo de Xuvia, donde se programan cada ano múltiples eventos”.
O paseo de Xuvia conta con sendas peonís, carril bici, un parque infantil, outro biosaudable e un Circuito Vita con quince elementos para a práctica do deporte ao aire libre. Así mesmo, na superficie do paseo realizáronse varias plantacións de árbores de diferentes especies nos últimos anos ás que se sumarán outras nos vindeiros meses, tal e como avanzou Ramos.
Sí, y por ahí ya están diciendo que saben a quién se lo van a dar. Caciquismo o amiguísimo?
como siempre en un concello que lleva actuando asi desde la era gato , preparen la pinza en la nariz para tomar algo en el chiringuito
Estirando el chicle. La primera vez que el Concello anunció esto fue hace más de 2 años. Miren la hemeroteca. Y ahora, aun no es la definitiva, porque lo que se anuncia es que se licita el servicio. Vamos, que de otros 6 a 9 meses más de espera para que se adjudique. Y luego, volverán a anunciar a bombo y platillo la propuesta de adjudicación, la adjudicación, la formalización de contrato, el acta de replanteo, el inicio de las obras, el desarrollo, la visita, la revisión, la inauguración y la puesta en marcha. Al final, un kiosko que sirve bebidas, le da al Concello de Narón para llenar 3 años de actividad municipal.