Encontro do BNG co Comité de Empresa Ferrovial, adxudicataria do servizo de limpeza do CHUF

O BNG levará ao Parlamento o empeoramento das condicións de traballo en Ferrovial, así como a precarización na prestación do servizo

O deputado do do BNG Xosé L. Rivas, acompañado dunha delegación da Executiva comarcal do BNG de Ferrolterra, mantivo unha xuntanza na tarde deste xoves con representantes do comité de empresa de Ferrovial, adxudicataria do servizo de limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF)

Durante a xuntanza, os traballadores trasladaron o seu descontento e preocupación polas súas condicións de traballo, así como mesmo da precarización na prestación do servizo; a pesares do incremento no importe do contrato entre SERGAS e Ferrovial, de case nun millón de euros con respecto á adxudicación do periodo anterior.

Desde o BNG asumiuse o compromiso de levar o tema ao Parlamento, e preguntar dun xeito pormenorizado por cada unha das cuestións tratadas e que preocupan aos traballadores.

Lea también

Aprobado el proyecto de reforma del pabellón de Santa Mariña dentro de las obras de la ‘Cidade do Deporte’ de Ferrol

El Concello de Ferrol ha aprobado este lunes en junta de gobierno Local el proyecto …

Un comentario

  1. Perfecto Vilela

    Cualquiera que vaya al Marcide puede apreciar claramente la precariedad en las condiciones de trabajo. Es inadmisible que en pleno S. XXI sólo haya dos trabajadores/as de cháchara en cada planta de hospitalización: debería haber 5 por lo menos, ¿no?