Representantes da corporación local, presidida polo alcalde, José Manuel Blanco, e traballadores municipais sumáronse hoxe a unha concentración convocada ás 12.00 horas ante a porta principal do Concello. O colectivo, que portaba unha pancarta na que se podía ler: “Narón contra a violencia de xénero”, gardou un minuto de silencio en repulsa do asasinato, presuntamente a mans do seu pai, dun neno de 11 anos do concello coruñés de Oza-Cesuras e a continuación fixo ruído cunhas botellas de plástico en sinal de protesta e condeando calquera manifestación de violencia.
O pai do menor, Marcos Mirás, foi detido o pasado luns e pasou a disposición xudicial esta mañá na Coruña. O xuíz enviouno a prisión sen fianza imputándolle varios cargos, entre eles homicidio ou asasinato.
Desde o Consistorio naronés amosouse coa concentración e o minuto de silencio a máis firme repulsa a este suposto parricidio, condeando o sucedido.