Últimas prazas para unha acción formativa sobre “Xestión de vendas e atención ao público”

A edil de Mocidade, Natalia Hermida, anunciou que quedan algunhas vacantes para o curso de “Xestión de vendas e atención ao público” convocado desde a citada concellería a través do programa Mocidade 2017. Esta acción formativa, de 160 horas de duración, diríxese a un máximo de 15 persoas, que deben ter entre 18 e 35 anos. A clases impartiranse no Centro Municipal de Formación (A Gándara) do 15 de maio ao 28 de xuño. O prazo para anotarse neste curso rematará o vindeiro martes, día 9 de maio, tal e como recordou a edil naronesa.

As persoas interesadas nesta acción formativa teñen que formalizar a inscrición no Rexistro Xeral, entregando unha instancia xenérica que poden descargar da páxina web do Concello de Narón, a través do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/servizos_municipais, ou solicitala no Rexistro municipal, en horario de 8.30 a 13.30. Para obter máis información sobre esta convocatoria pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do teléfono 981 337 700, (extensións 1103 e 1111).

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …