Narón e AGA convocan charlas sobre o trampeo de primavera para a avespa velutina

O local social da Picota, no Couto, acollerá mañá unha charla-taller sobre a velutina, baixo o título “Stop vespa velutina. Inimiga do Medio Ambiente”, organizada pola Concellería de Medio Ambiente de Narón en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura. A convocatoria dará comezo ás 18.30 horas e na mesma informarase aos asistentes sobre a importancia do trampeo de primavera para combater a avespa velutina, tal e como indicou o edil da área, Octavio Dopico. Na xornada do xoves, 4 de maio, terá lugar unha nova charla-taller na que se informará aos asistentes sobre este mesmo tema. A cita será nesa ocasión nas instalacións da Cooperativa do Val, a partir das 19.00 horas.

A vida e comportamento da velutina, os colectivos afectados, sistemas de control e vixilancia e a elaboración de distintos tipos de trampas serán os temas que abordarán os profesionais de AGA nestas charlas. Desde a entidade inciden na importancia de colocar un par de trampas nas hortas e xardíns para evitar ter niños de velutinas preto das vivendas, polo que serán precisamente o trampeo primaveral e a retirada dos niños desta especie de avespas en verán e outono dous dos temas nos que se profundizará nas citadas charlas.

Lea también

Valdoviño recuerda a sus vecinos la obligación de limpiar sus terrenos para prevenir incendios

Se incide también en la necesidad de garantizar las condiciones de higiene y salubridad de …