O BNG pide o goberno local que atenda as demandas dos veciños de San Pablo

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol pediu esta mañá ao goberno local que preste maior atención ao barrio de San Pablo e proceda a adecentar zonas públicas frecuentadas polos veciños e veciñas às que non se lles presta a atención adecuada.

O BNG pídelle ao goberno local que atenda as demandas feitas, desde hai varias semanas, polos veciños e veciñas de San Pablo, e proceda a retirar do campo de futbol do barrio os postes metálicos que se atopan en mal estado e que ameazan con caerse definitivamente, como xa ten aconteceido con algún.

O BNG advirte que como comentan os veciños e veciñas de san Pablo esta zona, estes campos de futbol, son utilizados habitualmente por nenos e nenas do barrio e que o mal estado destes postes metálicos, empregados antigamente para a suxeición de redes de protección e iluminación, supoñen un risco.

Así mesmo desde o BNG queren chamar a atención sobre o estado de abandono da parcela que acollia o antigo campo de tiro de Catabois e que pese a ser unha propiedade do Minsiterio de Defensa o goberno local non lle esixe que a manteña nun bo estado de conservación e de limpeza.

Para o BNG compre mellorar as condicións nas que se atopan moitas zonas do concello.

Lea también

Reapertura de la biblioteca municipal de Ferrol

Este lunes 29 la biblioteca municipal de Ferrol ubicada en la plaza de España retomó …