AFAL celebra as Pepitas nos seus Centros de Día coas actuacións estelares das Rondallas Bohemios e Lucero del Alba

Preparación das Pepitas – AFAL

Un ano máis, os Centros de Día Terapéuticos xestionados por AFAL en Ferrol celebrarán unha das festas máis emblemáticas da cidade: as Pepitas, fortemente arraigada no calendario local e da comarca. E farao ao grande, xa que contará con dúas das mellores rondallas, a Agrupación Artística Ferrolana Bohemios e Lucero del Alba de Neda, que colaborarán desinteresadamente para lograr que as celebracións sexan un éxito.

A primeira cita desenvolveráse este xoves, 30 de marzo, no Centro de Día da Rede Pública de Alzhéimer –na antiga Casa do Mar-. A partires das catro e cuarto da tarde, os maiores que acuden a diario ás instalacións e as súas familias elixirán á súa madriña e poderán disfrutar da actuación de Bohemios. Tamén interpretarán algúns temas, ensaiados previamente estes días nos diferentes obradoiros, como “Clavelitos” ou “Ferrol, Ferrol”, e, por último, merendarán. O ambiente que caracteriza esta celebración tamén estará presente na decoración, xa que os maiores elaboraron os motivos nos talleres ocupacionais e de manualidades.

A festa repetirase ao día seguinte, venres 31 de marzo. Nesta ocasión, no Centro de Día da asociación, ubicado na rúa Río Castro, 43-45 baixo. A partires das 17 horas, maiores e familias merendarán e, de seguido, sobre as 17,45 h, elixirase á madriña de AFAL. A continuación, actuará a rondalla Lucero del Alba de Neda e, por último, tomarán o relevo os propios maiores, que interpretarán temas como “Clavelitos” ou “No te vayas de Ferrol”.

Deste xeito, as Pepitas súmase como celebración ás festas que, ao longo do ano, se organizan nos centros de día de AFAL. Festas como o Entroido, o Nadal, o Magosto, os Maios…

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …