Camila Alonso lidera a expedición do Triatlón Ferrol na Copa de Europa de Gran Canaria

Camila Alonso en competición – Triatlón Ferrol

Catro internacionais do Triatlón Ferrol compiten este domingo na Copa de Europa de Gran Canaria.

Dado que Melina Alonso chega con molestias físicas despois dunha caída en bici, será Camila Alonso a maior esperanza do club ferrolán para entrar no top-5 da competición continental. De feito, a ferrolá, finalista á
Carabela de Prata 2016 e recente campioa Iberoamericana, lucirá o dorsal número 6 debido á súa posición no ranking mundial.

Xunto ás irmás Alonso, a sub-23 Carmen Gómez debutará en distancia olímpica e a junior Ana Carvajal terá a súa segunda toma de contacto con este formato, polo que gañar experiencia entre a elite é o seu principal obxectivo.

A Copa de Europa de Gran Canaria se disputará este domingo ás 11,45 horas –horario peninsular español– nun percorrido de 1.500 m de natación, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pé.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …