O pasado luns axentes da Policía Local de Narón e Ferrol e responsables da dirección da empresa que executa as obras de saneamento mantiveron unha xuntanza na zona da Gándara e acordaron aplicar novos cortes e desvíos de tráfico na zona para continuar avanzando nas tarefas pendientes. Neste caso, trátase da segunda fase do corte e desvío de tráfico –as primeiras restricións nesa zona aplicáronse a finais do mes pasado– e comezarán na rúa Concepción Arenal, ata a rotonda do establecemento Casa Juanito. A medida iniciouse onte pola mañá e permanecerá en vigor ata que rematen as actuacións previstas no tramo.
O edil de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, agradeceu a comprensión e colaboración veciñal e solicitou desculpas polas posibles molestias que ocasionen estas restricións no tráfico rodado durante os vindeiros días.