O local social do Alto acolle este sábado a segunda edición da Liga Impact Modern 2017

Cartel do evento – Concello de Narón

O local social do Alto do Castiñeiro acollerá o vindeiro sábado, día 18, a segunda edición da Liga Impact Modern (LIMO) 2017, do xogo de cartas Magic the gatering. A iniciativa, impulsada a través da Asociación Cultural Impact e do Concello de Narón, prevé reunir a medio cento de persoas nesta nova convocatoria, tal e como indicaron desde a Asociación Cultural Impact. O que será o segundo dos oito torneos que se celebrarán da LIMO este ano dará comezo ás 10.30 horas.

Está confirmada a asistencia de xogadores procedentes de Narón, Ferrol, A Coruña, Santiago, Melide e doutras localidades da provincia e tamén de persoas chegadas desde Asturias, moitas delas asiduas a este tipo de torneos. Os participantes tratarán de acadar unha das cinco prazas coas que conta a entidade para poder competir na final rexional galega de Modern no mes de decembro. A cita será novamente no local social do Alto, tal e como avanzaron desde a asociación, debido a que un dos gañadores da pasada edición foi un dos finalistas do certame celebrado en Narón.

A maiores do torneo da Liga Impact Modern 2017, na que se repartirán importantes premios para os mellor clasificados, desenvolveranse durante a tarde unha serie de eventos paralelos para os xogadores que resulten eliminados, como torneos paralelos de Modern.

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …