Dentro do plan formativo para persoas adultas que desenvolve a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, está prevista a organización dos cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (CELGA). De acordo con isto, vén de publicarse a convocatoria destes cursos correspondente a 2017 (DOG núm. 47, do 08.03.2017).
En Ferrol organizarase o seguinte curso no IES Concepción Arenal (Rúa Cuntis, s/n) do 18 de abril ao 7 de maio, de luns a venres, de 19:00 a 21:00 horas. O código do curso é CL420171503601
Os cursos CELGA pretenden facilitarlles ás persoas interesadas o coñecemento e o dominio da lingua galega e complementar a oferta formativa en entidades de poboación nas que centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria imparten formación para persoas adultas. Trátase de cursos gratuítos, de setenta horas cada un, que terán lugar en diversos concellos de Galicia.
Este ano tamén se convocan cursos preparatorios para o Celga 1, na modalidade de teleformación. Na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística pódese consultar a súa convocatoria específica.