Este xoves o Cónsul de Cuba visitará Narón

André Abeledo co Cónsul de Cuba José Antonio Solana Fernández – EU Narón

André Abeledo (EU Narón) confirmou ao alcalde de Narón José Manuel Blanco a visita do Cónsul de Cuba Sr. José Antonio Solana Fernández a Narón para este xoves 9 de Marzo.

Aínda que será como non pode ser de outra maneira o Concello de Narón quen de o anuncio do lugar e da hora da recepción institucional ao Cónsul de Cuba, así como dos detalles do protocolo, dende EU queren valorar moi positivamente este achegamento entre Narón e Cuba.

André Abeledo entende que esta visita será o «comezo dun esforzo mútuo en estreitar os vínculos que nos unen, e para potenciar e abrir espazos de colaboración e intercambio entre Cuba e Narón«. Ademáis de indicar que «moitos de nós temos un vínculo afectivo, casi familiar con Cuba, pois é difícil atopar a familia galega que non teña algún ancestro máis ou menos cercano, que non emigrase a Cuba, algúns volveron e outros non, pero a Galiza e Cuba són pobos irmáns, podería decirse que somos irmáns de sangue«.

O concelleiro de EU Narón amosouse convencido de que esta visita vai a axudar a profundizar nestes vínculos histórico afectivos, ademais de ser un primeiro e importante paso na cooperación entre Narón e Cuba.

Lea también

El BNG de Mugardos insiste en la creación de un gobierno de izquierdas y llama al PSOE a unirse al mismo

El Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Mugardos acaba de hacer pública la última propuesta que …