Escolares do CEIP Ponte de Xuvia visitaron a Casa do Concello de Narón

Unha vintena de alumnas e alumnos de sexto curso de educación Infantil do CEIP Ponte de Xuvia visitaron na mañá deste martes a Casa do Concello de Narón.

Os menores viron unha proxección sobre o Concello e diversas dependencias municipais antes de reunirse co alcalde, José Manuel Blanco, no salón de plenos, sobre as 10.30 horas.

As nenas e nenos formularon algunhas preguntas ao rexedor local desde os sillóns que ocupan nos plenos os concelleiros da corporación local naronesa. Finalmente, recibiron de mans do alcalde, como agasallo, un exemplar do libro “Os Bolechas visitan Narón”.

A cita enmárcase no programa de visitas escolares ao Concello impulsada desde o Servizo Sociocomunitario Municipal, en colaboración con diferentes centros educativos da localidade.

Lea también

A Deputación adxudica por 234.225 euros as obras que completarán a senda peonil da estrada de San Xiao, en Narón

A actuación dará continuidade ao itinerario peonil na DP-5401, que conecta o núcleo urbano co …