O BNG-Ferrol organiza un acto aberto en Santa Icia sobre o saneamento e problemática no barrio

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, continua a desenvolver encontros veciñais polos barrios para analizar a situación actual da cidade e as diferentes problemáticas que existen en cada barrio. É por isto que este luns, día 27, celebra un acto aberto en Santa Icia que vai ter lugar a partir das 19:30 horas no local da A.V.V. de Santa Icia.

O BNG informará neste acto sobre a situación na que se atopa o proceso para poñer en marcha a rede de saneamento en Ferrol e como a mesma vai repercutir nos veciños e veciñas. Así mesmo analizarase a rede de saneamento no rural.

O BNG considera necesario compartir co conxunto de veciños e veciñas da nosa cidade a información que ten sobre esta cuestión de actualidade xa que consideran que é un tema de grande interese.

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …