Ferrol conmemora os 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro cun contacontos para meniños

O Concello de Ferrol, a través da área de Normalización Lingüística, quere conmemorar o 180 anivesario do nacemento de Rosalía de Castro para poñer en valor o legado inmortal da escritora galega mais universal.

Farao este venres 24, coincidindo coa data de nacemento de Rosalía en Santiago, en 1837. Será cunha actividade especialmente pensada para os mais cativos, a partires dos 3 anos, que se vai desenvolver no Antigo Hospicio de Amboaxe (rúa Méndez Nuñez) as 19:00 horas.

Consiste nun contacontos ilustrado, pensado para un público familiar, a cargo de Polo Correo do Vento, de acceso libre e de balde ata esgotar o aforo. Terá unha duración estimada de 60 minutos para falar e debuxar a vida e obra de Rosalía de Castro. Remata cun obradoiro de ilustración no que cada asistente realizará unha caricatura de Rosalía.

Os nenos participantes recibirán un agasallo como lembranza da súa participación e esforzo.

Lea también

Fernando Lores Heredia, galardonado en el Museo Naval de Ferrol con el Premio de Pintura de la Mar ‘Almirante 2026’ 

Este jueves día 29 de octubre, a las 12.00 horas, se ha celebrado en la …