O BNG pide aproveitar a renuncia de Mombús para impulsar a empresa municipal de transporte

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol lamenta que o goberno local non desenvolvera ningunha iniciativa para dar cumprimento acordo plenario, presentado polo BNG no mes de abril do ano pasado, para a creación dunha empresa municipal de transporte que posibilitara que o propio Concello, tras dispor da titularidade das concesión de transporte público na nosa cidade, sexa o que preste directamente este servizo nas condicións adecuadas para o conxunto dos veciños e veciñas da cidade.

O BNG cre que este tema é unha das prioridades que debería desenvolver o goberno municipal e procurar redefinir o servizo co obxectivo de que preste un adecuado servizo, en horarios e frecuencias que cubra as necesidades sociais dos veciños e veciñas de Ferrol tanto da súa zona urbana como da rural.

 «Consideramos que tras o anuncio do abandono da concesión por parte de Monbús aínda estamos a tempo daquí ao mes de agosto a desenvolver os mecanismos necesarios para que o goberno local asuma a mellora do transporte público como unha prioridade e mediante a xestión directa como se aprobou no pleno municipal» sinala o BNG nun comunicado.

O BNG considera que «a privatización dos servizos público como acontece agora co transporte remata sempre co desmantelamento dos servizos básicos para a cidadania é por isto que debamos aproveitar a actual situación na que non existen limitacións concesionais nen planificación de servizos, o que estabelece un marco totalmente aberto e sen condicionantes para que o goberno local decida libremente unha proposta de transporte público que se adecue as necesidades dos veciños e veciñas» .

Lea también

Ferrol cubre 391 plazas en los campamentos de verano para facilitar la conciliación familiar

El Concello de Ferrol ha publicado la lista provisional de personas admitidas en los campamentos …