O BNG considera necesario impulsar a empresa municipal de transporte

Autobús na Plaza de Armas

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que o problema de transporte nesta cidade é eviedente e a carencia de servizos na zona rural resulta todavía máis deficiente.

Para o BNG a absurda posición da Xunta de Galicia con respecto da resolución dun problema puntual como é o incremento de catro servizos a través dun servizo circular que resolva as acerencias de transporte escolar en zonas da cidade como Covas non fai máis que constatar que o actual modelo de xestión de transporte público baseado en concesións de liñas a empresas privadas actualmente anuladas por sentenza xudicial e plans de transporte metropolitano actualmente prorrogado non resolve os graves problemas que este servizo ten na cidade.

É por isto que para o BNG ademais de resultar incomprensíble a postura da Xunta de Galicia cada vez se fai máis necesario desenvolver unha empresa pública de transporte aproveitando a posibilidade de recuperar as concesións, actualmente anuladas por sentenza xudicial, e o feito de que o actual plan de transporte metropolitano se atopa prorrogado.

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …