Cabanas invita a veciños e visitantes a participar na Ruta Megalítica Cabanesa

A AVV de Cabanas e Irís, en colaboración co Concello de Cabanas, organiza a Ruta Megalítica Cabanesa, unha ruta de sendeirismo coa que descubrir os diversos monumentos megalíticos do municipio. Un tramo deseñado en base ós antigos camiños existentes de planos do século XIX.

A ruta ten como punto de partida e chegada a Tafona (diante da casa consistorial) e celebrarase o 29 de xaneiro. Un total de 15 quilómetros a cubrir con dificultade media-baixa. Estímase a súa duración en catro horas e arrancará do punto sinalado ás 9 horas.

A organización destaca o carácter gratuíto da iniciativa e sinala que non é preciso inscrición previa. Recoméndase levar bastón ou pau para axudar na andada.

Lea también

Neda presenta el cartel de su XXXVI Festa do Pan

Ya hay cartel oficial para la XXXVI Festa do Pan de Neda que, como siempre, …