O Concello de Cabanas asina un convenio coas xuntas directivas dos cemiterios veciñais

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, e os presidentes dos cemiterios veciñais do “Dato” de Laraxe, Nicolás Eiroa, e do Peteiro, en Cabanas, Angel Torreiglesias, suscribiron sendos convenios de colaboración. A través dos mesmos, o Concello de Cabanas contribuirá ós gastos de mantenemento e conservación dos camposantos, así como á realización dalgúns dos arranxos puntuais que precisan as instalacións.

A cuantía establécese en función do número de nichos do cemiterio e, no caso do ubicado en Laraxe, a axuda ascende a 1.365 euros, namentras que no de Cabanas sitúase en 1.060 euros.

Lea también

Publicadas las bases para los puestos de restauración del Festival de Ortigueira

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica las bases que regulan los puestos …